viernes, 23 de diciembre de 2011

viernes, 16 de diciembre de 2011

TIPOS DE TURISMO

Collage de fotos sobre os distintos tipos de turismo: turismo de praia, de montaña, cultural, de aventura, sexual, de empresa, rural...

martes, 15 de noviembre de 2011

sábado, 29 de octubre de 2011

O SECTOR TERCIARIO. DEFINICIÓN

O sector terciario é un dos tres sectores económicos, pero a diferencia dos outros dous, non produce bens materiais senón que presta servizos á poboación.
É un sector moi heteroxéneo, onde se realizan unha gran cantidade de actividades: sanidade, educación, comercio, transportes, comunicacións, turismo, lecer, cultura, deportes, administración, finanzas, etc.
O sector terciario superior ou cuaternario inclúe as actividades relacionadas coa investigación, administración de empresas, etc. precisando de profesionais moi cualificados.
Como contraposición ao sector terciario superior, hai un sector terciario banal dedicado a traballos que esixen pouca preparación e están mal remunerados, como por exemplo, o servizo doméstico e de limpeza ou a venda ambulante.

As actividadews do sector terciario:
-son moi heteroxéneas, pola variedade de servizos, cualificación do persoal e o tamaño das empresas.
-son actividades intanxibles e inmateriais.
-son imposibles de almacenar.
-están situadas preto do consumidor.
-teñen un nivel de mecanización relativamente baixo.
-son actividades en expansión.
-están desigualmente repartidas.